Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (198/2018).

SSS Seguridade Social 198/2018

Procedemento orixe: /

Sobre seguridade social

Demandante: Jesús Rosón Riesco

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado

Demandados: Construcciones Crespo, S.A., Administración concursal Const. Crespo, S.A. -José Taboada Calvar, INSS

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Jesús Rosón Riesco contra Construcciones Crespo, S.A., administración concursal const. Crespo, S.A.-José Taboada Calvar, INSS, en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº de seguridade social 198/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Construcciones Crespo, S.A., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 27.11.2018 ás 9.50 horas, na planta baixa, sala 6, Edif. Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ao representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Construcciones Crespo, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza