Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 174/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 174/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Davila Alonso contra Bean Algo, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Alejandro Davila Alonso fronte a Bean Algo, S.L., parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018.

Despois de presentar o traballador Alejandro Davila Alonso exixindo o cumprimento polo empresario Bean Algo, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de sentenza número 201/2018, do 20 de abril, ditada no procedemento DOI 843/2017, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 27 de novembro de 2018, ás 12.15 horas, para a celebración da comparecencia na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado sito na rúa Berlín, s/n, 15707 polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bean Algo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza