Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45568

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 13/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución ETX 13/2018, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Escala Vertical, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse Decreto 96/2018, do 19 de setembro, polo que se declarou á mercantil Escala Vertical, S.L. en situación de insolvencia provisional e se acordou o arquivamento das actuacións.

Contra a devandita resolución as partes poden interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. Neste órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escala Vertical, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza