Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45441

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 878/2017).

DCT. Divorcio contencioso 878/2017

Procedemento de orixe: sobre divorcio contencioso

Demandante: Marina Vázquez Rodríguez

Procurador: Manuel Castells López

Avogada: Patricia Álvarez Canella

Demandado: Álvaro Araújo Pérez

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento de divorcio contencioso, seguido por instancia de Marina Vázquez Rodríguez contra Álvaro Araújo Pérez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Vigo, 8 de xuño de 2018.

Vistos por min, María del Pilar Cao Fernández, maxistrada do Xulgado de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo, estes autos de divorcio contencioso co número 878/2017, seguidos por instancia de Marina Vázquez Rodríguez, representada polo procurador dos tribunais Manuel Castells López e asistida da letrada Patricia Álvarez Canella, contra Álvaro Araújo Pérez, en situación procesual de rebeldía, resulta o seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda de divorcio interposta polo procurador dos tribunais Manuel Castells López, en nome e representación de Marina Vázquez Rodríguez, contra Álvaro Araújo Pérez, declarado en situación procesual de rebeldía, e por iso debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Marina Vázquez Rodríguez e Álvaro Araújo Pérez, con todos os efectos legais, e que se acordan as seguintes medidas:

– Atribúeselle o uso e desfrute da vivenda que foi o domicilio familiar, sita na avenida Ramón Nieto, nº 321, portal 2, piso 5º E (ou ático E) de Vigo, así como o mobiliario deste, a Marina Vázquez Rodríguez.

– Álvaro Araújo Pérez está obrigado a satisfacer a favor de Marina Vázquez Rodríguez unha pensión compensatoria na contía de 300 euros mensuais, cantidade que deberá ingresar na conta que se designe para o efecto, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, cantidade que será actualizada cada ano conforme o IPC.

Non se efectúa expresa imposición das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con apercibimento de que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, nos termos e prazos establecidos no artigo 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos da súa razón, e definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Ao encontrarse o dito demandado, Álvaro Araújo Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 11 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza