Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45422

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2018 pola que se adscriben as unidades administrativas do ente de dereito público Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

O Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 102, do 30 de maio) entrou en vigor o 30 de maio de 2018.

A disposición adicional primeira do citado decreto establece que a constitución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria producirase coa celebración da sesión constitutiva do Consello Reitor, que terá lugar dentro do prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste decreto, data a partir da cal se realizarán todas as actuacións conducentes á súa adaptación organizativa e de funcionamento.

A disposición adicional segunda do citado decreto establece a adscrición de unidades administrativas do ente de dereito público Instituto Galego da Calidade alimentaria no momento da súa constitución.

Na súa virtude e previa convocatoria pola conselleira do Medio Rural, o Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria celebrou a súa sesión constitutiva o día 29 de agosto de 2018

RESOLVEU:

Adscribir á axencia pública Agacal as unidades administrativas de nivel orgánico inferior a servizo, previstas na relación de postos de traballo do ente de dereito público Ingacal que se transforma, ou instrumento equivalente que desenvolva tarefas inherentes ás competencias asumidas pola nova axencia.

A adscrición efectuarase aos órganos da estrutura orgánica previstos nos estatutos da axencia pública autonómica.

Os postos de traballo correspondentes ás unidades administrativas que son obxecto de adscrición continuarán subsistentes e serán retribuídos con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta da Axencia Galega da Calidade Alimentaria