Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45409

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia, a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e en cumprimento desa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio específico de colaboración entre a Asociación Centro de Excelencia Internacional en Investigación sobre Cronicidade-Kronikgune, a Consellería de Sanidade de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, o Servizo Aragonés de Salud e Badalona Serveis Assistencials, S.A.-BSA para o desenvolvemento do proxecto de investigación Mastermind

Sen achega económica

21.2.2018

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española Contra o Cancro (Xunta Provincial de Ourense), para pór á disposición desta asociación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e no Hospital Comarcal de Valdeorras (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do programa Primeiro impacto e actividades de voluntariado

Sen achega económica

27.3.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Ambilamp para a implantación de mecanismos de recollida selectiva de residuos de lámpadas no ámbito da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Sen achega económica

9.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española Contra o Cancro (Xunta Provincial da Coruña), para o desenvolvemento do programa Primeiro impacto e actividades de voluntariado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol)

Sen achega económica

13.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Paderne sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Paderne

Sen achega económica

13.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Pastoriza sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde da Pastoriza

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Baralla sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Baralla

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Barreiros sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Barreiros

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Dodro sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Lestrove

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Porqueira sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Porqueira

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Sober sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Sober

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vimianzo sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Vimianzo

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Catoira sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Catoira

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Rosal sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde do Rosal

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Vicedo sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde do Vicedo

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Tordoia sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Tordoia

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Meis sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Mosteiro

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cualedro sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Cualedro

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Mos sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Mos

Sen achega económica

16.4.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fede-ración Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para a realización de actividades de sensibilización e mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público de Galicia

6.000,00 €

2.5.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. para a realización das actuacións para a ampliación de potencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

385.463,09 €
(2018)

3.5.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Boimorto no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Boimorto

19.965,00 €

7.5.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña, para a promoción da colaboración materia investigadora no ámbito da EOXI de Ferrol

Sen achega económica

10.5.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Dominio de Balboa, S.L. para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Xeriátrica San Cosme

Sen achega económica

18.5.2018

Protocolo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ferrol polo que se establecen as bases para a execución das obras de ampliación dos hospitais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Sen achega económica

28.5.2018

Convenio especifico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazéneca Farmacéutica Spain, S.A., para a realización e desenvolvemento do curso en liña Cancro de ovario para pacientes

Sen achega económica

28.5.2018

Convenio especifico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazéneca Farmacéutica Spain, S.A., para a realización e desenvolvemento do curso en liña Coidados en diabetes para pacientes

Sen achega económica

28.5.2018

Convenio de colaboración entre as Consellerías de Sanidade e do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a vixilancia das carrachas vectores de enfermidade humana e animal

(2018) 19.360 €
(2019) 29.040 €
(2020) 29.040 €
(2021) 9.680 €
Total 87.120 €

29.5.2018

Convenio entre o Instituto Nacional de Seguridade Social e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións conxuntas en relación cos traballadores afectos de patoloxías derivadas do uso laboral do amianto

Sen achega económica

31.5.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ronald McDonald

Sen achega económica

13.6.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Doa Saúde Mental para o desenvolvemento dun programa de intervención precoz en psicose

30.000,00 €

13.6.2018

Décimo segundo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde con data 20 de decembro de 2001

844.719,42 €

1.7.2018

Décimo segundo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde con data do 20 de decembro de 2001

63.950,50 €

1.7.2018

Décimo terceiro acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde con data do 18 de xuño de 2001

3.770.524,58 €

1.7.2018

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para desenvolver estudos de resultados en saúde para a mellora da calidade asistencial en Galicia

Sen achega económica

9.7.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cabanas no que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Cabanas

22.816,50 €

26.7.2018

Convenio entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Malpica de Bergantiños no que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Malpica de Bergantiños

36.329,72 €

27.7.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fede-ración Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

58.200,00 €

2.8.2018

Segundo acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer), para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo

634.792,56 €
(2018) 476.094,42 €
(2019) 158.698,14 €

6.8.2018

Addenda-prórroga ao convenio de colaboración subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde para a promoción da participación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo en programas de formación e docencia clínica do grao de medicina

30.641,09 €
(2018) 10.213,70 €
(2019) 20.427,39 €

20.8.2018

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Leiro no que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Leiro

3.935,25 €

25.8.2018