Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 25 de setembro de 2018, cómpre realizar a oportuna rectificación.
Así, na páxina 43329, na táboa incluída no artigo 2. Financiamento:
Na fila correspondente á liña V. Actuacións destinadas á xuventude, na columna relativa ao importe, onde di: «249.828,00», debe dicir: «285.021,00».
Na fila correspondente á liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado, na columna relativa ao importe, onde di: «285.021,00», debe dicir: «249.828,00».