Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45398

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 5 de outubro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada pola organización sindical O’Mega para os días 11, 15 e 31 de outubro; 2 e 5 de novembro e 5, 7, 10 e 11 de decembro.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se encontra a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A Organización Sindical de Médicos de Galicia Independentes (O’Mega) convocou unha folga que afectará todo o persoal licenciado sanitario (incluído o residente en formación –MIR, FIR, BIR e asimilados–) do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas ao organismo e á Consellería de Sanidade, e que se desenvolverá das 0.00 ás 24.00 horas dos días 11, 15 e 31 de outubro; 2 e 5 de novembro e 5, 7, 10 e 11 de decembro de 2018. Por máis abastanza, as referidas datas coinciden no calendario con pontes festivas, co inherente incremento da repercusión da folga na cidadanía, polo que a determinación dos servizos esenciais contidos nesta orde se realiza atendendo ás devanditas circunstancias.

Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria de folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen na presente orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía, e, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Por iso mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados/as, así como a atención urxente e permanente e os servizos sanitarios que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. O persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061.

II. No ámbito da transfusión de sangue, os servizos necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a Comunidade Autónoma.

III. Nos centros e institucións sanitarias:

a) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención especializada ou hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención dos/das usuarios/as que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos (radioterapia, hospital de día).

3. Cobertura da actividade cirúrxica dos/das pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das doentes hospitalizados/as e as altas clínicas.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, ao criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das doentes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático incluíndo os/as doentes desprazados/as.

6. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos/ás pacientes hospitalizados/as que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendendo incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a prescrición de sangue, medicamentos e produtos sanitarios.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios/as de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

b) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención primaria (persoal médico, pediatra e odontólogo):

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente ou inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

Artigo 2

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga.

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios de cada centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será realizada pola dirección da correspondente institución e notificada aos profesionais afectados.

O persoal designado para a cobertura dos servizos mínimos que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a profesional que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos/das usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base, asemade, nas normas vixentes.

Disposición derradeira. Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

• Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Coruña:

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

– Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

7

7

6

Área Cirúrxica

35

35

35

Área Clínica/Hospitalización

20

20

20

Servizos Centrais

10

10

10

– Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

3

3

2

Área Cirúrxica

8

5

5

Área Clínica/Hospitalización

4

2

2

Servizos Centrais

4

1

1

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

69

33

18

Pediatras

25

4

-

• Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ferrol:

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

– Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

7

6

4

Área Cirúrxica

20

12

12

Área Clínica/Hospitalización

26

9

9

Servizos Centrais

14

6

6

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

40

11

-

Persoal médico PAC

-

12

11

Pediatras

14

4

-

Odontólogos/as

1

-

-

Persoal farmacéutico

1

-

-

• Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela:

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

– Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

12

12

5

Área Cirúrxica

15

8

8

Área Clínica/Hospitalización

113

44

42

Servizos Centrais

23

16

11

– Hospital da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

4

5

3

Área Cirúrxica

7

7

7

Área Clínica/Hospitalización

3

2

2

Servizos Centrais

4

3

2

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra, odontólogo

135

49

24

Provincia de Lugo

• Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo:

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

– Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

10

12

8

Área Cirúrxica

30

17

16

Área Clínica/Hospitalización

43

10

10

Servizos Centrais

29

8

8

– Hospital Comarcal de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

4

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

5

4

4

Servizos Centrais

5

5

5

– Hospital da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

4

3

2

Área Cirúrxica

12

11

11

Área Clínica/Hospitalización

6

3

3

Servizos Centrais

6

2

2

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico, pediatra, odontólogo

119

39

26

Provincia de Ourense

• Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense:

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

– Complexo Hospitalario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

8

7

5

Área Cirúrxica

32

8+8

8+8

Área Clínica/Hospitalización

59

13+3

12+3

Servizos Centrais

45

6+5

6+5

Inclúense como sumandos gardas de presenza física e localizadas

– Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

3

2

2

Área Clínica/Hospitalización

9

6

6

Servizos Centrais

5

3

3

– Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

3

3

2

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

1

1

Servizos Centrais

4

0

0

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

113

39

24

Pediatras

16

3

0

Provincia de Pontevedra

• Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés:

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

– Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

8

8

6

Área Cirúrxica

56

18

17

Área Clínica/Hospitalización

46

12

12

Servizos Centrais

22

4

4

– Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

11

4

4

Área Clínica/Hospitalización

6

2

2

Servizos Centrais

4

2

2

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

59

26

12

Pediatra

20

4

-

• Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo:

a) Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

– Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Áreas de actividade

Urxencias

13

11

9

Área Cirúrxica

66

34

34

Área Clínica/Hospitalización

65

27

23

Servizos Centrais

27

12

10

b) Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

82

37

-

Pediatra

36

16

-

Médico/a de familia PAC

-

21

20

Entidades sanitarias públicas

– Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Área de actividade

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Facultativo/a

1

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe. Hospital Álvaro Cunqueiro

Facultativo/a

1

1

-

Diagnóstico por imaxe. Hospital Meixoeiro

Facultativo/a

1

-

-

Medicina nuclear-PET

Facultativo/a

1

2

1

Oncoloxía radioterápica

Facultativo/a

3

2

-

Radiofísica

Facultativo/a

2

2

-

– Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo:

Hematólogo/a

2

-

-

Médico/a hemodoazón

9

10

-

– Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Persoal facultativo:

Mañá

(8 a 15 h.)

Tarde

(15 a 22 h.)

Noite

(0 a 8 h.)

(22 a 0 h.)

Médicos coordinadores

6+1(*1)

6+1(*1)

3

Médicos asistenciais base ambulancia

10

10

10

Médicos asistenciais base helicóptero

2 (*2)

2 (*2)

-

(*1) Aos seis profesionais na quenda da mañá hai que sumarlle un en horario das 10.00 ás 16.00 horas. Aos seis profesionais na quenda da tarde hai que sumarlle un en horario das 16.00 ás 23.00 horas.

(*2) Están operativos de orto a ocaso.

– Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

1

-

-