Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45247

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018 pola que se dispón a publicación da delegación de competencia da Comisión de Transparencia de Galicia na presidenta.

De conformidade co disposto no artigo 9.3 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, dáse publicidade ao acordo da Comisión de Transparencia de Galicia adoptado por unanimidade en sesión ordinaria do 26 de xuño de 2018:

A Comisión da Transparencia acorda delegar na presidenta da comisión a resolución das reclamacións en que se teña por desistido o/a solicitante por non ter remitido en prazo a documentación que se lle requira.

Das ditas resolucións a presidenta dará conta na reunión seguinte da Comisión da Transparencia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo