Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45248

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre a modificación da clasificación dos postos de secretaría e de intervención reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional no Concello de Ortigueira (A Coruña).

O Concello de Ortigueira solicita á Dirección Xeral de Administración Local a tramitación do expediente para a modificación da actual clasificación dos postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional de Secretaría e de Intervención, de forma que pasan da categoría superior á categoría de entrada.

Estes postos de Secretaría e de Intervención están actualmente clasificados como postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e teñen asignados, respectivamente, o desempeño das funcións propias de Secretaría e de Intervención acordes co establecido no Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Polas características do concello, que conta cunha poboación superior a 5.000 habitantes e un orzamento de máis de tres millóns de euros, correspóndelle postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional de Secretaría e de Intervención de clase segunda.

O expediente tramitado polo Concello é conforme ao disposto nos artigos 6 e seguintes do citado Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e reúne os requisitos para a súa tramitación de conformidade coa memoria emitida con data 26 de setembro de 2018 pola subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local.

Polo exposto, e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e no artigo 22 do Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Modificar a clasificación actual dos postos de Secretaría e de Intervención reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Ortigueira (A Coruña) como postos de clase segunda que quedan da seguinte forma:

Entidade local: Concello de Ortigueira.

Posto: secretaría.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Forma de provisión: concurso.

Entidade local: Concello de Ortigueira.

Posto: intervención.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma de provisión: concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto ao artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración local