De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 26 de setembro de 2018, pola que se lle encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde de Melide.
– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión para acometer a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde de Melide.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da encomenda ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018
Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde