Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 3 de setembro de 2018, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial da modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior (PEPRI) da zona vella de Vigo, na zona da Panificadora.

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria e urxente do 2 de agosto de 2018, adoptou o acordo que se transcribe a continuación:

«Primeiro. Prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior da zona vella de Vigo, na zona da Panificadora, instrumento urbanístico de iniciativa pública promovido por esta administración e redactado polos gañadores do concurso de ideas Salgado & López, S.L., que inclúe a documentación presentada no Rexistro Xeral desta Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 22 de xuño de 2018 (documento número 180097420), consistente en dous exemplares en soporte dixital do documento da modificación puntual para a súa aprobación inicial do Plan especial de protección e reforma interior da zona vella de Vigo, na zona da Panificadora, asinada dixitalmente con sinaturas válidas polos arquitectos Celso López Martín e Jorge Salgado Cortizas, con datas do 14, 15 e 19 de xuño de 2018, documentación toda ela que anula e substitúe a anteriormente presentada.

Segundo. Someter a información pública o expediente, incluído o resumo executivo, durante o prazo de dous meses, mediante a publicación de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia, no taboleiro de edictos desta XMU e na sede electrónica do Concello de Vigo, para os efectos de que durante o dito período poidan formularse alegacións e as suxestións pertinentes. O remate do referido prazo de alegacións computará desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e dilixenciarase a documentación exposta pola Secretaría Xeral con notificación individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados segundo a relación catastral incorporada ao expediente.

Durante o referido prazo recadaranse os informes sectoriais que resulten preceptivos, de conformidade coa normativa urbanística e sectorial de aplicación.

Terceiro. Acordar, consonte o disposto no artigo 47.2 da LSG a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación».

Durante o período de información pública o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1a.php?lang=gal#/, no portal de transparencia, así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 3 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo