Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración dun equipamento de tomografía computarizada (TC) intraoperatorio con destino ao bloque cirúrxico do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1 e actuación 9.7.1.1. (expediente AB-SER2-18-001; lote único).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-18-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun equipamento de tomografía computarizada (TC) intraoperatorio con destino ao bloque cirúrxico do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

c) Lotes: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG núm. 10, do 15.1.2018.

DOUE núm. DO/S S250, do 30.12.2017, 526675-2017-ES.

BOE núm. 8, do 9.1.2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 580.500,00 €.

Orzamento con IVE: 702.405,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote: 18.7.2018.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote: 21.8.2018 Siemens Healthcare, S.L.U.

c) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 573.485,00 €.

Importe con IVE: 693.916,85 €.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos