En virtude do establecido no artigo 14.1 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, e nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de outubro de dous mil dezaoito,
DISPOÑO:
Que cese Roberto Rodríguez Martínez como director da entidade pública empresarial Augas de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaoito
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade