Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44914

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 110/2018, do 4 de outubro, polo que se dispón que cese María del Carmen Bouso Montero como secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de outubro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, María del Carmen Bouso Montero, como secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural