Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44912

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 108/2018, do 4 de outubro, polo que se dispón que cese Ana María López Díaz como directora xeral de Patrimonio Natural.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de outubro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Ana María López Díaz, como directora xeral de Patrimonio Natural, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda