Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 20 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas no expediente sancionador en materia de transporte terrestre devoltas polo servizo de Correos RA/DXM/CIV/2018/00017 e seis máis.

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores número RA/DXM/CIV/2018/00017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolución ditadas ás persoas interesadas.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

PO-00703-S-2015

RA/DXM/CIV/2018/00017

2547-DLD/R-6692-BBK

Sandalo Álvarez Carrero

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a de outros instrumentos ou medios de control que exista a obriga de levar instalados no vehículo, con obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

9.1.2015; 21.30; Parque tecnolóxico e loxístico de Valladares

Art. 140.10 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

OU-00332-O-2015

RA/DXM/CIV/2018/00020

LU-7876-P/LU-00273-R

Maderas Raúl, S.L.

Levar o reloxo do tacógrafo marcando unha hora distinta á do país de matriculación ou á real sempre que iso impida a lectura adecuada das actividades do condutor.

17.2.2015; 12.18; N-120; 461,0

Art. 140.33 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

PO-02441-O-2014

RA/M/2017/00488

1027-FZF

ST97 Transportes y Logística, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas sen identificar a/s mercadoría/s perigosa/s transportada/s na/s carta/s de porte.

5.6.2014; 13.46; VG-20; 13,0

Art. 140.15.8 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

PO-01103-O-2014

RA/M/2017/00656

7514-CVB

Grúas Marfer, S.L.U.

A utilización do tacógrafo sen realizar o seu calibrado ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

28.2.2014;18.05; PO-303; 0,4

Art. 140.34 LOTT

Estimar, e deixar sen efecto a sanción imposta.

OU-01713-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00760

5082-DCV/R-9738-BBY

Logística Luis y Ariadne, S.L.

A condución durante máis de 6 horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

28.7.2014; 13.22; A52; 203,0

Art. 140.37.4 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.

OU-02196-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00777

32-GQ-13

Terraterra Terraplanagens, Lda.

Realizar transporte público internacional de mercadorías carecendo ou sen levar o orixinal da copia certificada conforme da licencia comunitaria e/ou autorización ou levar fotocopia compulsada.

7.11.2014; 16.25; OU-1052; 23,00

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Inamitir, confirmando a sanción imposta.

OU-00240-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00779

2816-HFL/R-4030-BCH

Nieto Ares, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

23.1.2015; 18.45; A52; 132,0

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta.