Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia para os efectos do coñecemento da resolución do recurso de alzada RR/DXAL/2017/00006.

Con data do 27 de xuño de 2018 a secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dita resolución no recurso de alzada RR/DXAL/2017/00006 interposto por María Chao Carballeira.

De conformidade co disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no enderezo sinalado pola interesada.

Polo exposto, esta Secretaría Xeral Técnica, de conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio, notifica a mencionada resolución.

A interesada poderá comparecer, para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, sen prexuízo de que a interesada poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza