Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro da axuda concedida ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2016 (expediente SI429A 2016/816-0).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento declarativo da procedencia do reintegro da axuda concedida ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm. 124, do 1 de xullo).

A eficacia deste acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

De conformidade co previsto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para alegar ou presentar os documentos que considere pertinentes.

Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para estes efectos, ditarase a resolución que corresponda respecto do reintegro da subvención concedida.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente: SI429A 2016/816-0.

Persoa interesada: Creaciones Vavisando, S.L.

NIF: B70454921.

Último enderezo coñecido: rúa Bellavista, 19, baixo, 15010 A Coruña.

Data do acordo: 7 de setembro de 2018.

Contido do acordo: inicio do procedemento declarativo de reintegro da axuda percibida (18.500 euros).

Feito que motiva o reintegro: incumprimento da obriga de acreditar a permanencia mínima da actividade empresarial e do mantemento do emprego de dous anos establecida no artigo 25.5 das bases reguladoras.