Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44830

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución e sendo necesaria a súa provisión,

O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, resolve convocar a provisión dos ditos postos mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria:

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da USC, situado na Reitoría da Universidade (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela); no Rexistro do Campus de Lugo, situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro, s/n, Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que figura como anexo II.

Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que se aleguen. Os méritos relacionados no currículo polo persoal destinado na USC non será necesario acreditalos, sempre que consten no seu expediente administrativo.

Cuarta. No caso de resultar seleccionado, persoal funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento a que figure adscrito.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: vicexerente/a de Persoal, Investigación e Planificación Estratéxica.

Código: PF000002.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: vicexerente/a de Economía e Infraestruturas.

Código: PF000003.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: vicexerente/a do Campus de Lugo e Servizos.

Código: PF000004.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Lugo.

Denominación do posto: vicexerente/a de Xestión Académica.

Código: PF000935.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file