Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44828

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 18 de abril de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Grupo de Electromedicina.

Advertido erro na Resolución do 18 de abril de 2018, do xerente de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Grupo de Electromedicina, publicada no Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio de 2018, procede efectuar a oportuna corrección no anexo I, nos seguintes termos.

Primeira. Requisitos dos aspirantes

Onde di:

«a) Tendo en conta as funcións que se desenvolvan, definidas no anexo II, deberase ter a condición de persoal estatutario, en situación de servizo activo na categoría mecánico ou electricista, con vínculo de fixeza e situación de servizo activo na categoría profesional».

Debe dicir:

«a) Tendo en conta as funcións que se desenvolvan, definidas no anexo II, e os coñecementos e destrezas específicos do posto, ademais das actividades e procedementos de traballo, deberase ter a condición de persoal estatutario, en situación de servizo activo na categoría mecánico ou electricista, con vínculo de fixeza e situación de servizo activo na categoría profesional».

Poderán presentar solicitude de participación, nun prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia, todas aquelas persoas que reunindo os requisitos recollidos na base primeira do anexo I, desexen participar na convocatoria de provisión dun posto de xefe/a de grupo de electromedicina e houbesen ou non presentado solicitude de participación no prazo inicial.

En cumprimento da base décima do anexo I da Resolución do 18 de abril de 2018, a publicación dos actos e resolucións que se diten na tramitación deste procedemento realizarase nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, na páxina web do Espazo do profesional da mesma xerencia e na páxina web do Servizo Galego de saúde (www.sergas.es).

A Coruña, 10 de setembro de 2018

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña