Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44802

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de setembro de 2018 pola que se modifica a autorización para impartir as ensinanzas básicas iniciais e as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

A Orde do 11 de xuño de 2010, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, autorizou as ensinanzas para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en centros específicos de educación e promoción de adultos e institutos de educación secundaria dependentes desta consellería.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta aconsellable modificar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención ao alumnado de ensinanzas básicas iniciais e de educación secundaria para persoas adultas.

Por todo canto antecede e tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación de ensinanzas

Autorízar o cambio de modalidade para impartir as ensinanzas básicas iniciais e as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, pasando da modalidade presencial á modalidade semipresencial a distancia, no IES O Ribeiro de Ribadavia, código de centro 32015475, a partir do curso 2018/19.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria