Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44800

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 12 de setembro de 2018 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante a Orde do 10 de novembro de 2016 (DOG do 13 de decembro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do consello social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Con data do 7 de setembro de 2018, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, remite á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un escrito no que comunica que o Consello de Goberno da Universidade de Vigo, reunido o pasado 20 de xullo de 2018, designou os seguintes representantes do Consello de Goberno no Consello Social da Universidade de Vigo; persoal docente e investigador: José María Martín Moreno, en substitución de José Manuel García Vázquez; persoal de administración e servizos: Xoán Manuel Cebro Rodríguez, en substitución de Carlos Mollinedo Lois; estudante: Óscar Moldes Pita, en substitución de Ernesto Vázquez-Rey Farto. Xúntase declaración xurada de compatibilidade de cada un dos novos membros.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a José María Martín Moreno membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación do persoal docente e investigador, en substitución de José Manuel García Vázquez.

Artigo 2

Nomear a Xoán Manuel Cebro Rodríguez membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación do persoal de administración e servizos (PAS), en substitución de Carlos Mollinedo Lois.

Artigo 3

Nomear a Óscar Moldes Pita membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación dos estudantes, en substitución de Ernesto Vázquez-Rey Farto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria