Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 3 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo) ao Concello de Castro de Rei.

O Acordo de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia con data do 25 de setembro de 2011, publicado e notificado na forma legalmente establecida e atópase na actualidad e pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Castro de Rei solicitou a cesión da titularidade dos predios que a seguir se indican para os fins que se sinalan:

– Predio nº 269, para área recreativa e instalación da caseta de rega de colonización.

– Predio nº 283 para aparcadoiro.

– Predio nº 230 para ampliación de cemiterio parroquial.

Vista a proposta da Xunta Local da zona, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios e que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), no sentido de adxudicar ao Concello de Castro de Rei a titularidade dos predios nº 269, 283 e 230, que causan baixa no Fondo de Terras da zona, para seren destinadas aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o Fondo de Terras ou masa común da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Lugo, 19 de setembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo