Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 19 de setembro de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 86 e 327 do polígono 51, 335 e 641 do polígono 52 e 41, 79 e 561 do polígono 53 do termo municipal de Sarria.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 19 de setembro de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 86 e 327 do polígono 51, 335 e 641 do polígono 52 e 41, 79 e 561 do polígono 53 do termo municipal de Sarria.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 8 de agosto de 2018. O anuncio foi publicado no DOG núm. 172, do 10 de setembro.

Lugo, 20 de setembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo