Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44669

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021, a través da Orde do 17 de xullo de 2018 (DOG núm. 146, do 1 de agosto) axudas para a posta en marcha de casas niño.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian as axudas de investimento ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 17 de xullo de 2018, e no artigo 11 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10 da Orde do 17 de xullo de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, considerarase que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 17 da citada Orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a que producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403C/2018-1

Eva Justo Rodríguez

****0275A

Anexo IV debidamente cuberto en que deberá figurar o orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS403C/2018-4

Cristina Barja Blanco

****9054R

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

BS403C/2018-5

Susana Ontiveros García

****0655S

Anexo I debidamente cuberto.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Completar a memoria descritiva da localización da casa niño.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto.

Anexo IV debidamente cuberto en que deberá figurar o orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS403C/2018-6

Ana Baamonde Codesal

****0167B

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva da localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os da casa niño e se xustifique a súa necesidade e oportunidade.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto.

Descrición de equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual e planos a escala do estado reformado, de ser o caso.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto.

Anexo IV debidamente cuberto en que deberá figurar o orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS403C/2018-7

Carla Alonso Álvarez

****8476Q

Completar a memoria descritiva da localización da casa niño, especificando o tipo de inmoble de que se trata (local comercial ou vivenda e se se trata dunha planta baixa dunha vivenda unifamiliar ou dun edificio de vivendas).

Anexo IV debidamente cuberto en que deberá figurar o orzamento desagregado dos gastos de investimento.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá logo das reformas propostas, as condicións de habitabilidade precisas para o seu uso como vivenda. No suposto de inmobles non destinados a vivenda o informe anterior substituirase pola documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

BS403C/2018-10

Andrea Rodríguez Freire

****5185H

Memoria descritiva da localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os da casa niño e xustifíquese a súa necesidade e oportunidade.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto.

Descrición de equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto.

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

BS403C/2018-11

Laura Cancio Valcarce

****8842P

Proposta pedagóxica básica contextualizada nunha casa niño que recolla todos os contidos establecidos na convocatoria.

BS403C/2018-12

Ana Mª Iglesias Rodríguez

****8839Z

Completar a memoria descritiva da localización da casa niño coa análise da contorna e cos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto.

Descrición de equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto.

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

BS403C/2018-13

Ester Pérez Tato

****8447K

Memoria descritiva do inmoble con fotografías, planos a escala e acoutados, do estado actual e reformado, de ser o caso.

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

BS403C/2018-14

Henar Yáñez Prado

*****3240N

Memoria descritiva da localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os da casa niño e se xustifique a súa necesidade e oportunidade.

Planos a escala representativos do estado reformado.

Descrición de equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto.

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia adaptado ao contexto dunha casa niño.

Anexo IV debidamente cuberto en que deberá figurar o orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS403C/2018-15

Mª del Carmen Salgado Atanes

****8905N

Descrición de equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto.

Con respecto á documentación presentada relativa á dispoñibilidade do inmoble o período de vixencia do contrato de arrendamento debe cubrir o período mínimo de permanencia da actividade subvencionada de 3 anos contados desde o pagamento final da axuda dos gastos de investimento (artigo 6).

BS403C/2018-16

Dora Ameneiro Hermida

(Cooperativa Entelequia)

****1569A

Xustificación de ter iniciado os trámites para a constitución da cooperativa.

Completar a memoria descritiva da contorna onde se localizará a casa niño.

Proposta pedagóxica básica orientada ao contexto dunha casa niño en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) (máximo 10 páxinas).

BS403C/2018-17

Nerea Abalo Noya

(Cooperativa Entelequia)

****8562X

Xustificación de ter iniciado os trámites para a constitución da cooperativa.

Completar a memoria descritiva do inmoble concretando os espazos que se van destinar á casa niño así como o seu emprazamento.

Proposta pedagóxica básica orientada ao contexto dunha casa niño en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) (máximo 10 páxinas).

BS403C/2018-18

Amelia Fandiño Paz

(Cooperativa Entelequia)

****8557P

Xustificación de ter iniciado os trámites para a constitución da cooperativa.

Proposta pedagóxica básica orientada ao contexto dunha casa niño en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) (máximo 10 páxinas).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías, planos, a escala e acoutados, do estado actual e reformado, de ser o caso.

BS403C/2018-19

Álvaro Araújo Fernández

****9299S

Proposta pedagóxica adaptada ao contexto dunha casa niño en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d).

Descrición de equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto.

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia adaptado ao contexto dunha casa niño.

Anexo IV debidamente cuberto en que deberá figurar o orzamento desagregado dos gastos de investimento.

BS403C/2018-20

Sandra Rivera Blanco

****0873K

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

BS403C/2018-21

Tamara González Ferreiro

****9273W

Documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.

BS403C/2018-22

Noemí González Pérez

****8840Z

Plan de actuación cos/as nenos/as ante unha emerxencia adaptado ao contexto dunha casa niño.

BS403C/2018-23

Mª Luz Trenco Puente

****8934G

Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou experiencia requiridas nos ordinais 4º e 5º do artigo 4.1.a) da orde de convocatoria.

BS403C/2018-24

Sara Seijas Sanfiz

****3167P

Anexo I de acordo co modelo da orde do 27 de agosto de 2018 asinado e debidamente cuberto.

Anexo IV debidamente cuberto en que deberá figurar o orzamento desagregado dos gastos de investimento.

Proposta pedagóxica orientada ao contexto dunha casa niño.

BS403C/2018-25

Lucía Novoa Joga

****4166D

Anexo I asinado e debidamente cuberto.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías, planos, a escala e acoutados, do estado actual e reformado, de ser o caso.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as condicións de habitabilidade precisas para o seu uso como vivenda. Nos supostos de inmobles non destinados a vivenda o informe anterior substituirase pola documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código Técnico de Edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.