Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de setembro de 2018, da Dirección de Competitividade, pola que se notifican varias resolucións, acordadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador pola comisión de infraccións graves en materia de turismo TUSAN1 2017/030-4 e tres máis.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron efectuar.

As/os interesadas/os poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situadas na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de reposición, ante a titular da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2017/030-4.

Sancionada: Hostelería Tizziano, S.L.

NIF nº: B27804624.

Último enderezo: praza da Constitución, 10, baixo.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Preceptos infrinxidos: 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.500,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2017/064-3.

Sancionado: David Formoso Ramos.

NIF nº: 44458559L.

Último enderezo: Casmartiño, 7.

Localidade: O Pereiro de Aguiar (Ourense).

Preceptos infrinxidos: 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 2.500,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2017/045-4.

Sancionada: Carmen Pereira Figueiras.

NIF nº: 76818648M.

Último enderezo: A Granxa. Dorrón, 48.

Localidade: Sanxenxo (Pontevedra).

Preceptos infrinxidos: 110.12 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.000,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2017/246-1.

Sancionada: José Blanco Costas y Otros, S.C.

NIF nº: J15420912.

Último enderezo: rúa Sol, 10.

Localidade: A Coruña (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: 110.19 de la Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 540,60 euros (pagamento anticipado 15.1.2018).

Comunícaselles que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa, sendo por tanto executivas, polo que deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade