Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, punto quilométrico 6+295 ao 7+718 (Vilaseca-Lapamán), de clave PO/16/045.06, no concello de Marín.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 1 de marzo de 2018, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, punto quilométrico 6+295 ao 7+718 (Vilaseca-Lapamán), de clave PO/16/045.06.

Con data do 5 de abril de 2018 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551, punto quilométrico 6+295 ao 7+718 (Vilaseca-Lapamán), no concello de Marín (clave PO/16/045.06), polo Decreto 37/2018, publicado no Diario Oficial de Galicia do 20 de abril.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Marín, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a seguir co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Marín.

Lugar: Casa Consistorial (avda. Ourense, s/n).

Data: 30 de outubro de 2018, das 9.00 ás 14.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no concello de Marín e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43-1º, 36003 Pontevedra).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poden facerse acompañar á súa custa, se o achan oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, ábrese información pública durante un prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43-1º, 36003 Pontevedra), as alegacións que achen pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e a aqueles dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben se, tentada esta, non se puido practicar.

Pontevedra, 10 de setembro de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra