Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 143/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 143/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Campos Lois, Miguel Ángel Liñares Vigo, José Ángel Vigo Otero, Constantino Varela Pena, José Mallo Castro, Enrique Fernández Romay, Mario Aldrey Vigo, Juan Manuel Parrado Munín, José Gómez Mayo contra a empresa Hermanos Vigo Otero, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada, Hermanos Vigo Otero, S.L. (CIF B15275746) en situación de insolvencia total por importe de 47.248,34 euros en concepto de principal [a José Gómez Mallo a cantidade de 5.839,54 euros (4.321,64 euros de cantidades debidas máis 1.517,90 euros de xuro por demora do 10 %), a José Ángel Vigo Otero a cantidade de 6.244,10 euros (4.621,04 euros de cantidades debidas máis 1.623,065 euros de xuro por demora do 10 %), a Constantino Varela Pena a cantidade de 6.040,50 euros (4.470,36 euros de cantidades debidas máis 1.570,14 euros de xuro por demora do 10 %), a Enrique Fernández Romay a cantidade de 6.824,69 euros (5.050,71 euros de cantidades debidas máis 1.773,98 euros de xuro por demora do 10 %), a José Mallo Castro a cantidade de 6.783,55 euros (5.020,27 euros de cantidades debidas máis 1.763,28 euros de xuro por demora do 10 %), a Juan Manuel Parrado Munín a cantidade de 5.861,89 euros (4.338,18 euros de cantidades debidas máis 1.523,71 euros de xuro por demora do 10 %), a José Antonio Campos Lois a cantidade de 1.544,80 euros (1.143,25 euros de cantidades debidas máis 401,55 euros de xuro por demora do 10 %), a Mario Aldrey Vigo a cantidade de 6.266,73 euros (4.637,79 euros de cantidades debidas máis 1.628,94 euros de xuro por demora do 10 %) e a Miguel Ángel Liñares Vigo a cantidade de 1.842,54 euros (1.363,60 euros de cantidades debidas máis 478,94 euros de xuro por demora do 10 %)], máis outros 4.724,836 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 1596, clave 64 N, no Banesto, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Vigo Otero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza