Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44558

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (3/2018).

No presente procedemento de garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial 3/2018, seguido por instancia de Begoña Teijeiro Soengas contra Nuno Jorge Bento de Almeida, este último declarado en situación de rebeldía, foi ditada a Sentenza número 16/2018, cuxo encabezamento e parte disposistiva son os seguintes:

«Lugo, 6 de setembro de 2018.

Vistos por Sergio Orduña Alonso, maxistrado do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal sobre medidas en relación con fillo menor de idade de unión non matrimonial, con número de autos 3/2018, nos cales foi parte demandante Begoña Teijeiro Soengas, baixo a representación procesual da procuradora Sra. Arias Regueira e coa asistencia da letrada Sra. Noya Blanco, e parte demandada Nuno Jorge Bento de Almeida, en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Que, admitindo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Begoña Teijeiro Soengas contra o demandado Nuno Jorge Bento de Almeida, se acordan as seguintes medidas definitivas en relación coa filla menor de idade en común das partes litigantes:

– Patria potestade titularidade de ambos os proxenitores mais con atribución do exercicio en exclusiva e da garda e custodia á nai aquí demandante.

– Suspensión do réxime de visitas a favor do demandado.

– Pensión de alimentos de 180 euros mensuais que o pai deberá aboar dentro dos cinco primeiros días de cada mes coas variacións á alza que experimente o IPC, na conta corrente que para iso designe a demandante, e gastos extraordinarios por metade, despois de que a proxenitora custodia exhiba o tícket ou factura. A pensión de alimentos deberase aboar con efectos retroactivos, isto é, desde a data de interposición da demanda.

Todo sen expresa condena en custas.

A presente sentenza, que se notificará ás partes, non é firme e contra ela o Ministerio Fiscal poderá interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo dentro do prazo de vinte días contados desde a data da súa notificación, isto en interese do fillo menor de idade dos litigantes, recurso que se interporá na forma exposta nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino, xulgando definitivamente en primeira instancia, por esta miña sentenza, da cal se deducirá testemuño para a súa unión aos autos».

Encontrándose o demandado, Nuno Jorge Bento de Almeida, en ignorado paradoiro, despois de declararse a súa rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícase a Nuno Jorge Bento de Almeida o contido da sentenza ditada no referido procedemento, dado o seu ignorado paradoiro.

Lugo, 12 de setembro de 2018

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza