Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de setembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 12 de setembro de 2018 relativa ao deslindamento entre as comunidades de montes veciñais en man común de Valdeguas e todos os seus estremeiros: MVMC de Feilas, MVMC Sobral ou Comunal de Queirugás, MVMC Bemposta e Osoño e MVMC Fumaces, nos concellos de Vilardevós, Verín e Riós.

Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes dos MVMC de Valdeguas e todos os seus estremeiros: MVMC de Feilas, MVMC Sobral ou Comunal de Queirugás, MVMC Bemposta e Osoño e MVMC Fumaces, nos concellos de Vilardevós, Verín e Riós,

Feitos:

Primeiro. Con data do 21 de novembro de 2017 Manuel Pousada Fernández, como presidente da xunta reitora da CMVMC da Trepa, presentou catro escritos no rexistro do edificio administrativo de Lugo nos cales solicitaba que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditase resolución aprobatoria de catro solicitudes de deslindamento.

En cada un dos citados escritos achegaron os seguintes documentos:

– Acta de deslindamento.

– Memoria descritiva con planos topográficos.

– Acta de conciliación levantada no xulgado de paz ou de primeira instancia correspondente.

– Certificacións de aprobación de cada unha das comunidades de montes implicadas.

Segundo. O Servizo de Montes emitiu informe favorable sobre as citadas solicitudes o día 16 de abril de 2018, no cal fai constar os seguintes aspectos:

– A documentación achegada corresponde ao deslindamento entre o MVMC de Valdeguas e todos os seus estremeiros: MVMC de Feilas, MVMC Sobral ou Comunal de Queirugás, MVMC Bemposta e Osoño e MVMC Fumaces, nos concellos de Vilardevós, Verín e Riós.

– O deslindamento afecta unicamente os perímetros estremeiros entre os montes indicados no punto anterior.

– O Servizo de Montes considera que a documentación se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que as estremas acordadas están suficientemente definidas mediante as actas de deslindamento e conciliación, as coordenadas e planos que figuran na memoria e as capas dixitais en formato shape achegadas.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de octubre, do procedimento administrativo común das administracions públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se seguirá no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial acordou por unanimidade o día 29 de maio de 2018:

Aprobar o acto de conciliación acadado entre o MVMC de Valdeguas e todos os seus estremeiros: MVMC de Feilas, MVMC Sobral ou Comunal de Queirugás, MVMC Bemposta e Osoño e MVMC Fumaces, nos concellos de Vilardevós, Verín e Riós, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes do día 16 de abril de 2018.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 18 de setembro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense