Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Pastoriza-Rodeiro (expediente LU-11/141-EOL).

A empresa Fenosa Wind, S.L. solicitou a declaración de utilidade pública para as instalacións do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, sito no concello da Pastoriza (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Concello

Polígono

Parcela

Titular

7

A Pastoriza

29

433

Ernesto López Villamel

3

A Pastoriza

27

114

Descoñecido

71

A Pastoriza

28

329

Descoñecido

102

A Pastoriza

400

99

Descoñecido

105

A Pastoriza

27

168

Descoñecido