Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a autorización e o recoñecemento da utilidade pública dunha instalación eléctrica (expediente IN407A 2014/196-1).

O 16 de xuño de 2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgaron a Ferroatlántica, S.A.U. as autorizacións administrativas previa e de construción e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica cuxo proxecto leva por título LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle, no concello de Dumbría, na provincia da Coruña (expediente IN407A 2014/196-1).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de aplicación neste procedemento en virtude da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que figuran no anexo deste anuncio para seren notificados por comparecencia por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

154

009

00314

Vao de Laxiñas

Mato

Alsina Trillo, Amable

180

009

00010

Marmuirazo

Mato-pasto

Alvela Canosa, José

31

010

00728

Redondo

Prado

Atán Rodríguez, María Pilar

122

009

00419

Canleiro

Mato-pasto

Beltrán Lado, Jesús

114

009

00259

Laxes Negras

Mato

Blanco Fernández, Crisanto

181

009

00009

Marmuirazo

Mato-pasto

Fernández Suárez, Juan

186

009

00002

Marmuirazo

Mato-pasto

Fernández Suárez, Manuel

117

009

00414

Canleiro

Mato-pasto

García Castiñeira, Félix

213

10

535

Xoio

Labradío

Garcia Grille, Manuel

18

010

00764

Rego das Moas

Mato-prado

Grille Díaz, María Estrella

198

006

00695

Lagoas

Mato

Lema Senra, Elisa

196

006

00697

Lagoas

Mato

Lema Senra, María

98

009

00199

Costa do Medio

Piñeiral

Quintáns Lema, Rosa

185

009

00003

Marmuirazo

Mato-pasto

Regueira Burreiros, Esperanza