Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de actualización do proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da autorización de explotación de recursos mineiros da sección A) Monte de Santa Mariña, número 65, situada no concello de Santiago de Compostela.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña fai saber que Manuel Abraldes Fernández, na condición de explotador do dereito mineiro Monte de Santa Mariña, nº 65, do cal é titular Manuel Castelao Ramos, e en cumprimento do artigo 5 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión de residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación dos espazos afectados polas actividades mineiras, presentou ante desta xefatura territorial o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da citada explotación.

Todas as persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, e na seguinte ligazón:

http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html

Infórmase de que poden presentar as alegacións que consideren necesarias no prazo dos trinta (30) días seguintes ao da publicación.

A Coruña, 22 de agosto de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña