Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43796

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2017/2018.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde o 27 de agosto de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2017/18, e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección

a) Modalidade de Música.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

Xosé María López Carretero, asesor de Música.

Secretaria: María Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.

b) Modalidade de Danza.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación.

María Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

Secretaria: María Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.

c) Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Jesús Risueño López, inspector de Educación.

Gonzalo Porral Mato, profesor de Artes Plásticas e Deseño.

Secretaria: María Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.