Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43798

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2018, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para o uso da marca de garantía da USC «pescaenverde» xunto coa marca de garantía da Consellería do Mar «pescadeRías ¿de onde se non?» no ano 2018

25.160 €

3.5.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (ARVI), para a organización da V Conferencia internacional ARVI sobre el futuro de la pesca e o Festival ARVI do peixe 2018.

140.881,40 €

13.6.2018

Convenio de colaboración entre Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, co fin de financiar os investimentos que leve ao cabo a institución para acadar a mellora da competitividade.

20.000 €

26.6.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades das embarcacións tradicionais durante o ano 2018

26.576 €

3.7.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintería de Ribeira durante o ano 2018.

28.000 €

17.7.2018

Convenio de colaboración entre Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra co obxecto de establecer as condicións para o financiamento dos investimentos que leve ao cabo a institución para acadar a mellora da competitividade.

15.000 €

20.7.2018

Convenio de colaboración entre Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña co obxecto de establecer as condicións para o financiamento dos investimentos que leve ao cabo a institución para acadar a mellora da competitividade.

15.000 €

20.7.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores co fin de financiar os investimentos que leve ao cabo a institución para acadar a mellora da competitividade

27.000 €

26.7.2018

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar o persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

60.000 €

30.7.2018

Convenio de colaboración entre Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos realizados pola institución para levar a cabo unha campaña de difusión a través de redes sociais para informar e concienciar da importancia da actividade redeira como parte fundamental das actividades do mar.

3.000 €

31.7.2018