Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 308/2014).

Execución de títulos xudiciais 308/2014

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 750/2012

Sobre ordinario

Demandantes: Julio Nieto Cobas, José Antonio Castro Santiso, José Pérez Suárez, Pedro María Carou García

Avogadas: Alicia Muíño Pose, Ángeles Cancela Regueiro, Carmen Romero Silva

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Rivas y Montero Bufete de Abogados, S.L.P.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Declaración de insolvencia

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 308/2014, por instancia de José Antonio Castro Santiso, Julio Nieto Cobas, José Pérez Suárez, Pedro Mª Carou García, contra a executada Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey, Mª Abel Tarrío Fernández e outros, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 7 de setembro de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 221.073,06 euros de principal, máis 3.518,80 euros en concepto de xuros de demora, máis 22.459,18 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza