Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 308/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 308/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Castro Santiso, Julio Nieto Cobas, José Pérez Suárez, Pedro Mª Carou García, contra a empresa Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey, Mª Abel Tarrío Fernández, Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 7 de setembro de 2018, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Semar Aluminio, S.L., Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey, Mª Abel Tarrío Fernández, Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 221.073,06 euros en concepto de principal [indemnización... 94.612,04 € (a José Antonio Castro Santiso, 17.504,49 € + a José Pérez Suárez, 26.396,10 € + a Julio Nieto Cobas, 17.439,61 € + a Pedro Mª Carou García, 33.271,84 €), máis salarios de tramitación …111.936,08 € (a José Antonio Castro Santiso, 39.446,16 € + a José Pérez Suárez 32.554,08 € + a Julio Nieto Cobas, 39.935,84 €), salarios e outros conceptos... 14.524,94 € (a José Antonio Castro Santiso, 5.074,79 € + a José Pérez Suárez, 5.701,58 € + a Julio Nieto Cobas, 3.748,57 €)], máis 3.518,80 euros en concepto de xuros de demora (a José Antonio Castro Santiso, 1.375,06 € + a José Pérez Suárez, 1.143,44 € + a Julio Nieto Cobas, 1.000,30 €), máis 22.459,18 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente respecto ás empresas declaradas insolventes e no Diario Oficial de Galicia, respecto ás persoas físicas.

c) Remitir novamente a Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., a dilixencia de ordenación do 19 de xullo de 2018, polo mesmo conduto e á mesma dirección.

Notifíquese ás partes Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey e Mª Abel Tarrío Fernández, por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social nº 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0308 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0308 14”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey e Mª Abel Tarrío Fernández, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza