O 8 de febreiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
O artigo 37.2 desta resolución establecía os seguintes prazos de xustificación:
Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude do líder ata o 30 de setembro de 2018.
Segunda anualidade: desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.
Terceira anualidade: desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.
Prazos de presentación da documentación:
Primeira anualidade: ata o 5 de outubro de 2018.
Segunda anualidade: ata o 5 de outubro de 2019.
Terceira anualidade: ata o 5 de outubro de 2020.
Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivado polo gran número de solicitudes presentadas e polo proceso de avaliación destas, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2018 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2018 establecido no artigo 37.2 da convocatoria.
En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación, e coa habilitación outorgada pola disposición derradeira primeira da resolución da convocatoria
RESOLVO:
Artigo único. Modificación do artigo 37.2 da Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
O artigo 37.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:
Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude do líder ata o 30 de novembro de 2018.
Segunda anualidade: desde o 1 de decembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.
Terceira anualidade: desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.
Prazos de presentación da documentación:
Primeira anualidade: ata o 5 de decembro de 2018.
Segunda anualidade: ata o 5 de outubro de 2019.
Terceira anualidade: ata o 5 de outubro de 2020.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación