Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43696

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2018.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2018, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade do Minho para a integración de fondos documentais na plataforma Gallaecia Monumenta Historica.

Sen dotación económica

4.5.2018

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Pública Camilo José Cela para a dixitalización e difusión da correspondencia de Camilo José Cela con autores galegos.

Sen dotación económica

4.5.2018

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e os herdeiros de Lois Tobío para a dixitalización e difusión do arquivo persoal de Lois Tobío.

Sen dotación económica

26.5.2018

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

Sen dotación económica

27.6.2018

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos Chairegos.

Sen dotación económica

27.6.2018