Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43470

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2018 pola que se substitúe unha persoa vogal da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG nº 45, do 4 de marzo), pola que se crea a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social, establece no seu artigo 1 a creación da dita comisión como órgano colexiado asesor da Comisión Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Comunidade Autónoma de Galicia.

Concretamente no seu artigo 2 establécense a composición e o procedemento de designación das persoas membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Producidos cambios na organización empresarial Confederación de Empresarios de Galicia-CEG, e conforme o previsto no artigo 2.4 da devandita orde, realizouse a proposta de nomeamento da persoa suplente por parte da antedita organización empresarial.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogal

1. Nomear como vogal suplente da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta da organización empresarial, a persoa que se relaciona a continuación:

Por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG):

En calidade de suplente:

a) Disponse o cesamento de Ricardo Sánchez Vizoso.

b) Disponse o nomeamento de Héctor Torres Laguna.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria