Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de documentación no expediente PR905A 2018/58.

Intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non se puido efectúar. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento de documentación á persoa interesada.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, nº 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se comunica á persoa interesada que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presenta a documentación que se lle require, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, se considerará que desiste da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2018/58.

Interesado: Constantino Capeáns Varela.

Acto notificado: requirimento de documentación relativa á solicitude de axuda presentada ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.