Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifica as persoas interesadas o requirimento de documentación xustificativa no expediente PR911A 2017/76 e un máis.

Intentada a notificación persoal dos requirimentos de documentación xustificativa a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os requirimentos de documentación xustificativa ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro dos requirimentos nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se comunica ás persoas interesadas que, de conformidade co disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a falta de presentación da documentación requirida no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR911A 2017/76.

Interesado: Fernando García Paz.

Acto notificado: requirimento de documentación xustificativa necesaria para efectuar o segundo pagamento da bolsa concedida ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.

Expediente: PR911A 2017/110.

Interesada: Evelyn Filloy Cedeño.

Acto notificado: requirimento de documentación xustificativa necesaria para efectuar o segundo pagamento da bolsa concedida ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.