Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (434/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 434/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Tobío Miras contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., administración concursal Deus Creaciones e Confecciones Deus, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, administrador concursal Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Margarita Tobío Miras, contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., e administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto na data do 3 de abril de 2017, pola súa empregadora Shivshi, S.L., condenando solidariamente as entidades Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 37,62 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 15.444,29 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Margarita Tobío Miras contra as entidades Gaviota Textil XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como á administración concursal de Confección Ideal, S.L., as cales debo absolver das pretensións formuladas contra elas.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma ás demandadas que se encontran en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza