Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2018/8633 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: ampliación do parque de 132 kV da S.E. San Cibrao 132/20 kV con dúas novas posicións de liña.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– O sistema de 132 kV con configuración de simple barra, formada por equipamentos convencionais e equipamentos compactos con illamento en SF6, instalados en intemperie, amplíase con dúas posicións de liña compostas por seis transformadores de tensión indutivos, seis autoválvulas, doce illadores, soporte de apoio de barras de tipo columna (seis para as barras principais e seis para as barras auxiliares), tres terminais de exterior ríxidos de composite para a transición aero-soterrada da L/Ludrio 2, e un equipamento híbrido de intemperie que incorpora dous interruptores automáticos, seis transformadores de intensidade e tres seccionadores con posta á terra.

– Na sala de control do edificio existente na instalación engadirase un novo armario (P3) para o control e protección das novas posicións de liña de 132 kV.

– Instalación de dous novos contadores para a medida das novas posicións de liña, no armario de medida M2.

– Instalación de dous convertedores para a comunicación das novas proteccións diferenciais de liña coas homólogas na subestación de Ludrio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla núm. 70, baixo, 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo