Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 96/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 96/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucas Méndez Fernández, contra a empresa Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Sotegal de Enerxía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 5 de setembro de 2018, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Galega de Técnicas E Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Sotegal de Enerxía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U., en situación de insolvencia parcial por importe de 77.419,29 euros en concepto de principal (41.921,84 € indemnización + 35.497,45 € salarios de tramitación), máis 7.774,78 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente e á súa publicación o DOG, respecto aos executados que son persoas físicas.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes, e a Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Sotegal de Enerxía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LJS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0096 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0096 16. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Sotegal de Enerxía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza