Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2018/8632 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: ampliación S.E. Ludrio 132 kV: dúas novas posicións de liña 132 kV.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– O sistema de 132 kV con configuración de dobre barra partida, formada por equipamentos convencionais instalados en intemperie, amplíase con dúas posicións de liña compostas cada unha por dous seccionadores tripolares de illamento de barras, un interruptor de potencia tripolar, tres transformadores de intensidade, un seccionador tripolar de liña con coitelas de posta á terra, tres pararraios de protección e un transformador de tensión de liña indutivo.

– Instalación dun armario de protección e control e dous contadores para a medida das novas posicións de liña de 132 kV.

– Para as comunicacións da función diferencial entre os extremos das novas liñas, instalaranse dous equipamentos no armario de comunicacións existente, que se conectarán a través de fibra óptica coa protección de cada nova liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo