Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 75/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 75/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Casas Señarís contra Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L. (Aaenor, S.L.), Asesoría Moreira Renovables, S.L. (Amore, S.L.) e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 379/2018

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como procedemento ordinario (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 75/2017, nas cales é parte demandante José Manuel Casas Señarís, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, e son partes codemandadas a mercantil Cre Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L. (tamén e en diante, Aaenor, S.L.), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Asesoría Moreira Renovables, S.L. (tamén e en diante, Amore, S.L.), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome da súa maxestade o rei, veño ditar a presente con base nos seguintes

Decido que debo ter e teño por desistido parcialmente o agora demandante, José Manuel Casas Señarís, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, fronte ás mercantís Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L. (tamén Aaenor, S.L.) e Asesoría Moreira Renovables, S.L. (tamén, Amore, S.L.), e mando continuar a tramitación e a resolución do fondo do asunto fronte á mercantil Cre Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa).

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda presentada por José Manuel Casas Señarís, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, fronte á mercantil Cre Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Cre Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L. a aboar a favor do traballador demandante a cantidade de 15.102,36 euros (ex todos os conceptos incluídos na táboa inserida no feito declarado probado terceiro da presente) máis a cantidade que resulte e que se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal percibido por demora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que ten na súa totalidade a condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos os dous do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que poida corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da presente, logo de consignación do depósito legalmente previsto para recorrer na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, todo iso de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta»

E para que sirva de notificación en legal forma a Cre Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L. (Aaenor, S.L.), Asesoría Moreira Renovables, S.L. (Amore, S.L.), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza