Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de agosto de 2018, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nos expedientes LU-23, 22 e 21/2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 27 de agosto de 2018

A xefa da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 29.6.2017)
Antonio Boné Pina
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente: ES LU-23/2018.

Persoa interesada: Arkitecnica Saamer, S.L.

DNI/NIE/NIF: B0450091.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: ES LU-22/2018.

Persoa interesada: Arkitecnica Saamer, S.L.

DNI/NIE/NIF: B04550091.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: ES LU-21/2018.

Persoa interesada: Arkitecnica Saamer, S.L.

DNI/NIE/NIF: B04550091.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador