Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 10 de agosto de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Proameixa Fernández, S.L. con destino á ocupación de catro departamentos para a instalación e explotación de depuradora de moluscos no porto de Rianxo (expediente 12-55-13-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa, solicitada por Proameixa Fernández, S.L., con destino á ocupación de catro departamentos para a instalación e explotación de depuradora de moluscos no porto de Rianxo segundo o proxecto básico de título «Proxecto de actividade para depuradora e cetárea de marisco» asinado en febreiro de 2013 polo arquitecto técnico Antonio Losada Vicente (colexiado nº 842).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 10 de agosto de 2018

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro